A temática da escola nesta edición será a xestión das emergencias e das catástrofes relacionadas con procesos de colapso (ambiental, económico, de recursos materiais,…), desde a creación de redes de apoio mutuo.
Partiremos da análise de emerxencias recentes como a DANA de Valencia, a erupción do volcán Cumbre Vieja ou a pandemia da COVID-19, pero tamén podería ser un apagón, un corte no subministro alimentario, un corralito bancario, un conflito bélico, etc. O obxectivo do traballo é como desenvolver estratexias, ferramentas e/ou dinámicas baseadas no apoio mutuo que permitan satisfacer as necesidades básicas das persoas mediante satisfactores que xeren comunidade e resiliencia nestes contextos. Trátase só dunha aproximación, pois non haberá tempo para afondar. O foco tamén será utilizar as emerxencias relacionadas co colapso para facer medrar o tecido social emancipador e os imaxinarios ecosociais.
Entre os temas a tratar poderían estar:
- Alimentación
- Vivenda
- Saúde (tanto física como mental)
- Transporte
- Comunicacións
- Enerxía
Durante a escola abordarase a temática presentada en tres obradoiros, un para cada unha das fases ou momentos de calquera emerxencia: antes, durante e despois. En cada obradoiro trataranse as mesmas preguntas:
- Que hai que facer para favorecer unha satisfacción das necesidades universal? Pode focalizarse nalgunha específica como alimentación, vivenda, saúde, transporte ou comunicacións. Cada grupo de traballo pode abordar unha delas.
- Que hai que facer para que os imaxinarios que se expandan sexan os ecosociais e non os da extrema dereita?
- Que aprendizaxes son necesarios?
- Que ferramentas e recursos materiais son imprescindibles?
- Que infraestruturas precisamos?
- Que tipo de organizacións?
- Que alianzas temos que priorizar?
Programa
Venres 23 de maio
19:00 - 20:00 Recepción das persoas participantes.
20:00 - 21:00 Presentación da Escola Ramón Fernández Durán.
21:00 Cea.
22:00 - 23:00 Presentación de experiencias labregas locais.
Sábado 24 de maio
9:00 - 10:00 Almorzo
10:00 - 12:15 Primeiro obradoiro: O Antes. Como prepararse colectivamente para unha emerxencia..
12:15 - 12:30 Descanso.
12:30 - 14:00 Poñer en común o traballo dos grupos e conclusións.
14:00 - 16:00 Xantar.
16:00 - 18:00 Segundo obradoiro: O Durante. Como garantir as necesidades máis básicas..
18:00 - 18:30 Descanso.
18:30 - 20:00 Poñer en común o traballo dos grupos e conclusións.
21:00 - 22:00 Cea.
22:30 Velada e festa.
Domingo 25 de maio
9:00 - 10:00 Almorzo.
10:00 - 12:00 Terceiro obradoiro: O Despois. Como crear comunidade e estruturas resilientes..
12:00 - 12:15 Descanso
12:15 - 13:00 Poñer en común e conclusións do terceiro obradoiro.
13:00 - 13:30 Avaliación e peche.
13:30 Xantar
Bloques temáticos
Obradoiro 1: O Antes. Como prepararse para unha emerxencia (DANA, volcán, pandemia, apagón, guerra…).
Introdución á temática:
Bombeiros de Galicia e Casa Azul (defensa do territorio no occidente de Asturias).
Obradoiro 2: O Durante. Como garantir as necesidades máis básicas.
Introdución á temática:
Amparo Bolinxes Aznar da Koordinadora de Kolectivas do Parke, Tere Estruch García de Trasters Coop.; Comité de R. e Reconstrución de Massanassa e afiliada da CGT.A e Irene García, médica comunitaria con experiencia en emerxencias.
Neste obradoiro, Tere falará de como, tras a Dana, quedaron sen nada, todo o local cuberto de lama, igual que as nosas rúas. De como reconstruíron todo con apoios diversos e volveron abrir as portas dunha cooperativa de reciclaxe e recollida de sólidos no Concello de Alfafar e na Comarca. De que significou a solidariedade en forma de novos camións e furgonetas, de brazos e persoas que durante meses viñeron retirar a lama e recolocar a vida ao noso arredor. As súas primeiras sensacións e vivencias, o momento da decisión: ¿E agora que? E como foi o proceso a través das redes e recursos que fixeron posible saír adiante. Tamén de como limparon xunto a outras a Albufera… e foron recuperando o sorriso, apoiando os Comités de Reconstrución e Rehabilitación, no seu caso, o de Massanassa.
Amparo falará tamén da Dana e da única resposta que obtivo ante a lama e a desolación: VAI AO KOLECTIVO… e así foi, entre todas —a verdade é que moitísimas do Parke e de multitude de lugares— reconstruíron os vínculos, os afectos e a vida. Deron a luz un supermercado popular, un comedor popular, un espazo para resituar os sentipensares e as cabezas rotas. Puxeron as VIDAS DE TODAS NO CENTRO, cunha xenerosidade e ilusión que lles fixo recuperar o seu lema histórico: Fagámolo NÓS MESMAS, a comunidade nun sentido amplo…, como viñan intentando nos últimos corenta anos.
Pola súa parte, Irene falará da experiencia da asistencia sanitaria de primeiro nivel no contexto da inundación pola Dana. ¿Que pasa cando ninguén coñece os protocolos, cando estes fallan? O que non serve, debe cambiarse. O poder da comunidade e das súas redes comunitarias. Orde no caos: flexibilidade, resiliencia e autocuidados.
Obradoiro 3: O Despois. Como crear comunidade e estruturas resilientes.
Introdución á temática:
Patricia Duró, que leva traballando 45 anos nas Villas Miseria de Bos Aires.
Patricia Duró é enfermeira, psicóloga, traballadora social, pero fundamentalmente Patricia é activista social nos últimos 46 anos. Xa estivo compartindo coas xentes de Baladre, no ano 2002, a situación sociopolítica na Arxentina tras o corralito. Agora quixemos volver convidala fronte á situación das políticas represivas e de recortes do goberno de Milei. Pero, sobre todo, para que nos conte como está afectando esta situación ás persoas máis vulnerables e desprotexidas do territorio. Aquelas que viven na rúa, as que morren sen asistencia médica axeitada nos hospitais, as traballadoras migrantes, as pensionistas con pensións baixas… Patricia falaranos dende as realidades cotiás coas que convive e das prácticas de apoio mutuo que se desenvolven dende as de abaixo.
Metodoloxía
Para traballar sobre estes temas empregarase unha metodoloxía baseada na reflexión, a análise e a construción colectiva de coñecementos e ferramentas.