[{"categories":null,"collections":null,"content":"Unha escola para a supervivencia En pouco máis de dúas semanas, do 23 ao 25 de maio, arrincará en Allariz (Ourense) a próxima Escola Ramón Fernández Durán, unha escola para a reflexión e a acción colectiva dos movementos sociais que comezou en 2015 como iniciativa da coordinadora Baladre, CGT e Ecoloxistas en Acción, e que percorreu distintos lugares da península. Desde entón, abordamos temas sociopolíticos de especial relevancia na conxuntura de cada edición, como as distintas crises: climática, económica, enerxética; a garantía dos dereitos básicos: alimentación, vivenda, saúde e coidados; a guerra e o militarismo; e, en xeral, alternativas para transitar cara unha sociedade poscapitalista. Nesta ocasión, o tema central será a xestión de emerxencias e catástrofes relacionadas co proceso de colapso sistémico do actual modelo capitalista, poñendo a vida no centro e buscando satisfactores para as necesidades básicas da poboación a través da creación de redes de apoio mutuo e da autoxestión comunitaria. As últimas catástrofes vividas, como a pandemia da COVID, a DANA de Valencia, a guerra de Ucraína, os lumes masivos ou o recente apagón, puxeron de manifesto a vulnerabilidade das nosas sociedades e a incapacidade das administracións, en situacións de colapso agudo, para garantir unha vida digna á súa poboación. En moitas destas situacións, a poboación tivo que organizarse de xeito autónomo para facer fronte ás emerxencias cos recursos dispoñibles, improvisando respostas pouco eficientes, que non sempre resolveron as necesidades fundamentales e que non chegaron por igual a todas as persoas. Estas experiencias puxeron de manifesto a importancia da autoxestión e da solidariedade en tempos de crise, así como a necesidade de construír redes de apoio mutuo que nos permitan enfrontar as crises e catástrofes que están por vir. A vida de milleiros de persoas depende da capacidade de resposta das súas comunidades e por iso decidimos dedicar a Escola 2025 a esta cuestión, que ademais de ser de vital importancia, é urxente. Entre todas buscaremos formas de organización e ferramentas colectivas para garantir unha alimentación saudable e suficiente, unha vivenda digna, unha saúde integral tanto física como emocional, unha enerxía limpa e accesible para todas, etc. Traballaremos estas temáticas en tres obradoiros: o antes, o durante e o despois dunha catástrofe. En cada obradoiro abordaranse preguntas como Que hai que facer para favorecer unha satisfacción universal das necesidades? Que hai que facer para que os imaxinarios que se expandan sexan os ecosociais e non os da extrema dereita? Que aprendizaxes son necesarios? Que ferramentas e recursos materiais son imprescindibles? Que infraestruturas necesitamos? Que tipo de organizacións? Que alianzas temos que priorizar? Os obradoiros serán introducidos por persoas que vivíron situacións de emerxencia, quen contarán as súas experiencias e os principais retos que tiveron que afrontar. Contaremos con xentes da Koordinadora de Kolectivas do Parke Alcosa de Valencia que falaren da súa experiencia na DANA, de xentes da Palma que contarán a súa experiencia na erupción do volcán Cumbre Vieja, da realidade dos barrios marxinados e colapsados como as villas miseria de Arxentina, ou de expertas e expertos técnicos en emerxencias no ámbito sanitario e de bombeiros. Tras as breves exposicións, abrirase un espazo de diálogo, reflexión e construción colectiva onde trataremos de dar respostas pragmáticas ás preguntas plantexadas. E é que esta escola non é un espazo académico, senón un espazo de encontro e intercambio de aprendizaxes baseadas en experiencias. Pero a Escola non é só un espazo de formación, senón sobre todo un espazo de encontro e convivencia. Nunha sociedade hipertecnoloxizada e cada vez máis individualista, onde mesmo os movementos sociais abusamos dos encontros virtuais, cremos que é fundamental recuperar a presencialidade e a proximidade, desconectando aínda que sexa por un breve fin de seman","date":"08-05-2025","objectID":"/gl/posts/escola-supervivencia/:0:0","tags":null,"title":"Unha escola para a supervivencia","uri":"/gl/posts/escola-supervivencia/#unha-escola-para-a-supervivencia"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Ha pasado ya un añito desde la última escuela Ramón Fernández Durán, y seguro que nos has echado de menos, pero ya estamos de vuelta. La próxima edición de la Escuela Ramón Fernández Durán se celebrará en Allariz, uno de los pueblos más pintorescos de Ourense, del 23 al 25 de mayo de 2025, así que reserva ya esas fechas en tu agenda. En un contexto de crisis sistémica (climática, energética y de derechos sociales), donde se impone la guerra por el control de los recursos y las élites políticas apuestan sin tapujos por el rearme y la militarización de nuestras vidas, creemos que tenemos que prepararnos para el peor escenario. La catástrofe de la Dana de Valencia, la guerra de Ucrania y el genocidio del pueblo palestino han puesto de manifiesto que no estamos preparadas para afrontar emergencias y catástrofes humanitarias. Por este motivo, este año la temática de la escuela será la gestión de las emergencias y las catástrofes relacionadas con procesos de colapso (ambiental, económico, de recursos materiales,…), desde la creación de redes de apoyo mutuo. Partiremos del análisis de emergencias recientes como La Dana de Valencia o la erupción del volcán Cumbre Vieja o la pandemia de COVID-19, pero también podría ser un apagón, un corte del suministro alimentario, un corralito bancario, un conflicto bélico, etc., y trabajaremos sobre cómo desarrollar estrategias, herramientas, y/o dinámicas basadas en el apoyo mutuo que permitan satisfacer las necesidades básicas de las personas mediante satisfactores que creen comunidad y resiliencia en estos contextos. Entre los temas a abordar estará la alimentación, la vivienda, la salud (tanto física como mental), el transporte, las comunicaciones, la energía, la educación, etc. La escuela se desarrollará, como en anteriores ediciones, en un espacio de reflexión, análisis y construcción colectiva de conocimientos y herramientas. Creemos que en este contexto de incertidumbre mundial, es más necesario que nunca crear espacios de encuentro y apoyo mutuo para desarrollar estrategias conjuntas resilientes, y por ello te animamos a que vengas a la escuela. Inscríbete cuanto antes en la página de inscripción. ","date":"21-04-2025","objectID":"/gl/posts/escuela-2025/:0:0","tags":null,"title":"La IX edición de la Escuela Ramón Fernández Durán será en Allariz (Ourense)","uri":"/gl/posts/escuela-2025/#"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Que é a Escola Ramón Fernández Durán? A Escola Social Ramón Fernández Durán xorde como homenaxe ao pensador e activista Ramón Fernández Durán. Trátase dun espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social e colectiva entre xente inqueda que temos ganas de xuntarnos e compartir: “que estamos a facer” para “facer xuntas”; discutir, rir, divertirnos, construír e deconstruír\u0026hellip; Soñando moitos mundos onde a xustiza social, a igualdade, a solidariedade, o respecto polo medio ambiente e as persoas sexan utopías por acadar. Se tes inquedanza por cambiar este sistema capitalista inhumano e che apetece compartir reflexións e análises sociopolíticas, así como propostas para transitar xuntas cara a outros mundos máis humanos e sustentables, non o dubides, este é o teu lugar. ","date":"10-04-2025","objectID":"/gl/presentacion/:0:0","tags":null,"title":"Presentación da Escola Ramón Fernández Durán","uri":"/gl/presentacion/#que-é-a-escola-ramón-fernández-durán"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Quen puxo en marcha esta escola? Esta escola foi fundada por Ecoloxistas en Acción, CGT e Baladre, pero está aberta e quere contar con todos os colectivos e movementos sociais, así que se o teu colectivo está interesado en participar na súa organización, non dubides en contactar connosco. ","date":"10-04-2025","objectID":"/gl/presentacion/:1:0","tags":null,"title":"Presentación da Escola Ramón Fernández Durán","uri":"/gl/presentacion/#quen-puxo-en-marcha-esta-escola"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Quen era Ramón Fernández Durán? Ramón Fernández Durán foi un pensador crítico e activista precursor dos movementos sociais e fundador de Ecoloxistas en Acción. Dedicou a súa vida en corpo e alma a loitar contra a globalización capitalista e a era do petróleo, tecendo redes entre moi diversos colectivos sociais, ligando o ecoloxismo social co anarcosindicalismo e coa loita desde abaixo das excluídas do sistema. Publicou multitude de libros, entre os que cómpre destacar Capitalismo (financeiro) global e guerra permanente, A complexa construción da Europa superpotencia, O crepúsculo da era tráxica do petróleo: Pico do ouro negro e colapso financeiro (e ecolóxico) mundial, e A Quebra do Capitalismo Global: 2000-2030. Se queres saber máis sobre el, visita o blog A Explosión da Desorde. Faltaban 5 días como faltan hoxe, para que as rúas estalasen. E Ramón, que preparara a revolta durante anos, usou os ollos indignados da súa xente querida para vela. Non estivo Ramón, e sen estar estivo máis presente ca os que tiñamos os dous pés na praza. Estivo camiñando na manifestación, facendo rodar un euro xigante que dicía as verdades da Unión Europea, nas asembleas de economía, escoitando, falando pausado, debatendo, estivo na pancarta que colgaron as feministas, e preparando a comida, lavando potas, colocando toldos para o sol. E aí segue Ramón, pisando suavemente a praza, estando sen estar, digno, coherente, loitador. Libre. ","date":"10-04-2025","objectID":"/gl/presentacion/:2:0","tags":null,"title":"Presentación da Escola Ramón Fernández Durán","uri":"/gl/presentacion/#quen-era-ramón-fernández-durán"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Contidos da Escola Social Ramón Fernández Durán 2025","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/"},{"categories":null,"collections":null,"content":"A temática da escola nesta edición será a xestión das emergencias e das catástrofes relacionadas con procesos de colapso (ambiental, económico, de recursos materiais,\u0026hellip;), desde a creación de redes de apoio mutuo. Partiremos da análise de emerxencias recentes como a DANA de Valencia, a erupción do volcán Cumbre Vieja ou a pandemia da COVID-19, pero tamén podería ser un apagón, un corte no subministro alimentario, un corralito bancario, un conflito bélico, etc. O obxectivo do traballo é como desenvolver estratexias, ferramentas e/ou dinámicas baseadas no apoio mutuo que permitan satisfacer as necesidades básicas das persoas mediante satisfactores que xeren comunidade e resiliencia nestes contextos. Trátase só dunha aproximación, pois non haberá tempo para afondar. O foco tamén será utilizar as emerxencias relacionadas co colapso para facer medrar o tecido social emancipador e os imaxinarios ecosociais. Entre os temas a tratar poderían estar: Alimentación Vivenda Saúde (tanto física como mental) Transporte Comunicacións Enerxía Durante a escola abordarase a temática presentada en tres obradoiros, un para cada unha das fases ou momentos de calquera emerxencia: antes, durante e despois. En cada obradoiro trataranse as mesmas preguntas: Que hai que facer para favorecer unha satisfacción das necesidades universal? Pode focalizarse nalgunha específica como alimentación, vivenda, saúde, transporte ou comunicacións. Cada grupo de traballo pode abordar unha delas. Que hai que facer para que os imaxinarios que se expandan sexan os ecosociais e non os da extrema dereita? Que aprendizaxes son necesarios? Que ferramentas e recursos materiais son imprescindibles? Que infraestruturas precisamos? Que tipo de organizacións? Que alianzas temos que priorizar? ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:0:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Programa ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:0:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#programa"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Venres 23 de maio 19:00 - 20:00 Recepción das persoas participantes. 20:00 - 21:00 Presentación da Escola Ramón Fernández Durán. 21:00 Cea. 22:00 - 23:00 Presentación de experiencias labregas locais. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:1:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#venres-23-de-maio"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Sábado 24 de maio 9:00 - 10:00 Almorzo 10:00 - 12:15 Primeiro obradoiro: O Antes. Como prepararse colectivamente para unha emerxencia.. 12:15 - 12:30 Descanso. 12:30 - 14:00 Poñer en común o traballo dos grupos e conclusións. 14:00 - 16:00 Xantar. 16:00 - 18:00 Segundo obradoiro: O Durante. Como garantir as necesidades máis básicas.. 18:00 - 18:30 Descanso. 18:30 - 20:00 Poñer en común o traballo dos grupos e conclusións. 21:00 - 22:00 Cea. 22:30 Velada e festa. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:2:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#sábado-24-de-maio"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Domingo 25 de maio 9:00 - 10:00 Almorzo. 10:00 - 12:00 Terceiro obradoiro: O Despois. Como crear comunidade e estruturas resilientes.. 12:00 - 12:15 Descanso 12:15 - 13:00 Poñer en común e conclusións do terceiro obradoiro. 13:00 - 13:30 Avaliación e peche. 13:30 Xantar ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:3:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#domingo-25-de-maio"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Bloques temáticos ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:0:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#bloques-temáticos"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Obradoiro 1: O Antes. Como prepararse para unha emerxencia (DANA, volcán, pandemia, apagón, guerra\u0026hellip;). Introdución á temática: Bombeiros de Galicia e Casa Azul (defensa do territorio no occidente de Asturias). ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:1:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#taller1"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Obradoiro 2: O Durante. Como garantir as necesidades máis básicas. Introdución á temática: Amparo Bolinxes Aznar da Koordinadora de Kolectivas do Parke, Tere Estruch García de Trasters Coop.; Comité de R. e Reconstrución de Massanassa e afiliada da CGT.A e Irene García, médica comunitaria con experiencia en emerxencias. Neste obradoiro, Tere falará de como, tras a Dana, quedaron sen nada, todo o local cuberto de lama, igual que as nosas rúas. De como reconstruíron todo con apoios diversos e volveron abrir as portas dunha cooperativa de reciclaxe e recollida de sólidos no Concello de Alfafar e na Comarca. De que significou a solidariedade en forma de novos camións e furgonetas, de brazos e persoas que durante meses viñeron retirar a lama e recolocar a vida ao noso arredor. As súas primeiras sensacións e vivencias, o momento da decisión: ¿E agora que? E como foi o proceso a través das redes e recursos que fixeron posible saír adiante. Tamén de como limparon xunto a outras a Albufera\u0026hellip; e foron recuperando o sorriso, apoiando os Comités de Reconstrución e Rehabilitación, no seu caso, o de Massanassa. Amparo falará tamén da Dana e da única resposta que obtivo ante a lama e a desolación: VAI AO KOLECTIVO\u0026hellip; e así foi, entre todas —a verdade é que moitísimas do Parke e de multitude de lugares— reconstruíron os vínculos, os afectos e a vida. Deron a luz un supermercado popular, un comedor popular, un espazo para resituar os sentipensares e as cabezas rotas. Puxeron as VIDAS DE TODAS NO CENTRO, cunha xenerosidade e ilusión que lles fixo recuperar o seu lema histórico: Fagámolo NÓS MESMAS, a comunidade nun sentido amplo\u0026hellip;, como viñan intentando nos últimos corenta anos. Pola súa parte, Irene falará da experiencia da asistencia sanitaria de primeiro nivel no contexto da inundación pola Dana. ¿Que pasa cando ninguén coñece os protocolos, cando estes fallan? O que non serve, debe cambiarse. O poder da comunidade e das súas redes comunitarias. Orde no caos: flexibilidade, resiliencia e autocuidados. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:2:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#taller2"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Obradoiro 3: O Despois. Como crear comunidade e estruturas resilientes. Introdución á temática: Patricia Duró, que leva traballando 45 anos nas Villas Miseria de Bos Aires. Patricia Duró é enfermeira, psicóloga, traballadora social, pero fundamentalmente Patricia é activista social nos últimos 46 anos. Xa estivo compartindo coas xentes de Baladre, no ano 2002, a situación sociopolítica na Arxentina tras o corralito. Agora quixemos volver convidala fronte á situación das políticas represivas e de recortes do goberno de Milei. Pero, sobre todo, para que nos conte como está afectando esta situación ás persoas máis vulnerables e desprotexidas do territorio. Aquelas que viven na rúa, as que morren sen asistencia médica axeitada nos hospitais, as traballadoras migrantes, as pensionistas con pensións baixas\u0026hellip; Patricia falaranos dende as realidades cotiás coas que convive e das prácticas de apoio mutuo que se desenvolven dende as de abaixo. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:3:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#taller3"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Metodoloxía Para traballar sobre estes temas empregarase unha metodoloxía baseada na reflexión, a análise e a construción colectiva de coñecementos e ferramentas. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/contenidos/:0:0","tags":null,"title":"Contidos","uri":"/gl/contenidos/#metodoloxía"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Inscrición na Escola Social Ramón Fernández Durán 2025","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/inscricion/","tags":null,"title":"Inscrición","uri":"/gl/inscricion/"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Para inscribirte nesta edición de 2025 debes cubrir o formulario que aparece máis abaixo antes do 15 de maio. Tras a inscrición recibirás un correo electrónico coa confirmación e o importe que debes aboar á conta ES77 1491 0001 2710 3446 5110, ao nome de Berta Iglesias Varela, indicando os nomes das persoas inscritas. Este formulario debe ser cuberto por cada persoa inscrita. Non se admitirán inscricións \u0026quot;in situ\u0026quot;. Todas as asistentes deberán ter formalizado a súa inscrición antes do inicio da Escola. Aconsellámosche que non deixes a inscrición para o último momento xa que as prazas son limitadas. Cargando… ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/inscricion/:0:0","tags":null,"title":"Inscrición","uri":"/gl/inscricion/#"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Loxística da Escola Social Ramón Fernández Durán 2025","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Datas A edición de 2025 da Escola Social Ramón Fernández Durán celebrarase do 23 ao 25 de maio. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#datas"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Lugar En Allariz, unha vila pintoresca de Ourense. Os obradoiros e o aloxamento terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, situado na reserva da biosfera de Allariz. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#lugar"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Como chegar Pódese chegar a Ourense en tren ou autobús desde calquera punto da península. Desde Ourense hai autobuses que saen da Rúa Progreso 91 (XG602027 Maceda cruce OU-103). O albergue está a 1,3 km da parada do autobús de Xunqueira de Ambía, polo que se levas moita carga recoméndase avisar para que alguén vaia recollerte. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:1:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#como-chegar"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Transporte público Pódese chegar a Ourense en tren ou autobús desde calquera punto da península. Desde Ourense hai autobuses que saen da Rúa Progreso 91 (XG602027 Maceda cruce OU-103). O albergue está a 1,3 km da parada do autobús de Xunqueira de Ambía, polo que se levas moita carga recoméndase avisar para que alguén vaia recollerte. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:1:1","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#transporte-público"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Transporte privado Se vés no teu vehículo particular e tes prazas libres, recomendámosche anuncialo no foro que aparece máis abaixo unhas semanas antes do comezo da escola, indicando o número de prazas, o lugar de saída, as principais cidades do itinerario e a hora aproximada de saída. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:1:2","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#transporte-privado"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Aloxamento Existen distintas opcións de aloxamento: Aloxamento en habitación individual (só para casos xustificados). Aloxamento en habitación compartida para 4 persoas. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#aloxamento"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Nenas/os Se vés con nenas/os haberá ludoteca. Por favor, indica na ficha de inscrición cantas nenas/os virán e as súas idades. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#nenasos"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Alimentación O menú será vexetariano, pero se prefires menú vegano indícao no formulario de inscrición. O prezo das comidas será: Almorzo: 5€. Xantar: 11€. Cea: 11€. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#alimentación"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Que traer Saco de durmir Toalla ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#que-traer"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Inscrición O prezo da inscrición é de 10 € máis o custo do aloxamento e das comidas que escollas. Para inscribirte é imprescindible cubrir o formulario que se atopa na páxina de inscrición antes do mércores 15 de maio. ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#inscrición"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Teléfonos de contacto Se tes calquera problema podes chamarnos a calquera dos seguintes teléfonos: 656624528 (Baladre), 689889786 (CGT) ou 656595591 (Ecoloxistas). ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#teléfonos-de-contacto"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Foro para compartir vehículo ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/loxistica/:0:0","tags":null,"title":"Loxística","uri":"/gl/loxistica/#foro-vehiculo"},{"categories":null,"collections":null,"content":"Organizadores de la Escuela Social Ramón Fernández Durán","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/organizadores/","tags":null,"title":"Organizadores","uri":"/gl/organizadores/"},{"categories":null,"collections":null,"content":" \u0026nbsp;\u0026nbsp;\u0026nbsp; \u0026nbsp;\u0026nbsp;\u0026nbsp; ","date":"01-01-0001","objectID":"/gl/organizadores/:0:0","tags":null,"title":"Organizadores","uri":"/gl/organizadores/#"}]