Loxística

Datas

A edición de 2025 da Escola Social Ramón Fernández Durán celebrarase do 23 ao 25 de maio.

Lugar

En Allariz, unha vila pintoresca de Ourense. Os obradoiros e o aloxamento terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, situado na reserva da biosfera de Allariz.

Como chegar

Pódese chegar a Ourense en tren ou autobús desde calquera punto da península.

Desde Ourense hai autobuses que saen da Rúa Progreso 91 (XG602027 Maceda cruce OU-103). O albergue está a 1,3 km da parada do autobús de Xunqueira de Ambía, polo que se levas moita carga recoméndase avisar para que alguén vaia recollerte.

Transporte público

Pódese chegar a Ourense en tren ou autobús desde calquera punto da península.

Desde Ourense hai autobuses que saen da Rúa Progreso 91 (XG602027 Maceda cruce OU-103). O albergue está a 1,3 km da parada do autobús de Xunqueira de Ambía, polo que se levas moita carga recoméndase avisar para que alguén vaia recollerte.

Transporte privado

Se vés no teu vehículo particular e tes prazas libres, recomendámosche anuncialo no foro que aparece máis abaixo unhas semanas antes do comezo da escola, indicando o número de prazas, o lugar de saída, as principais cidades do itinerario e a hora aproximada de saída.

Aloxamento

Existen distintas opcións de aloxamento:

  • Aloxamento en habitación individual (só para casos xustificados).
  • Aloxamento en habitación compartida para 4 persoas.

Nenas/os

Se vés con nenas/os haberá ludoteca. Por favor, indica na ficha de inscrición cantas nenas/os virán e as súas idades.

Alimentación

O menú será vexetariano, pero se prefires menú vegano indícao no formulario de inscrición.

O prezo das comidas será:

  • Almorzo: 5€.
  • Xantar: 11€.
  • Cea: 11€.

Que traer

  • Saco de durmir
  • Toalla

Inscrición

O prezo da inscrición é de 10 € máis o custo do aloxamento e das comidas que escollas. Para inscribirte é imprescindible cubrir o formulario que se atopa na páxina de inscrición antes do mércores 15 de maio.

Teléfonos de contacto

Se tes calquera problema podes chamarnos a calquera dos seguintes teléfonos:
656624528 (Baladre), 689889786 (CGT) ou 656595591 (Ecoloxistas).

Foro para compartir vehículo